31 de octubre de 2020

Moito máis que cabazas de Samaín.

 Aproveitamos o día de samaín para facer un ditado moi especial. Traballamos a atención sostida, a memoria, a coordinación visomotriz, a creatividade, a capacidade para seguir as indicacións da profe, traballamos tamén rutinas de pensamento...

Aínda que pareza que soamente é unha manualidade de Samaín, en realidade é moito máis ca iso.

O resultado foi, coma sempre que fago este tipo de actividades, moi moi bo. Aos nenos gustoulles e a min moito máis, e sobre todo... aprenderon moito sobre a capacidade e a importancia da escoita atenta.

Que vos parece o resultado?

Por outra banda, déixovos un clásico destes días. Nunca me canso desta historia tan divertida, e coido que virá moi ben para repasar os signos de admiración e interrogación que traballamos esta semana na aula. Pensades que a historia sería tan divertida, se non se leran ben os signos de puntuación? Tería sentido? E as miñas preguntas? As que acabades de ler? O luns seguiremos a falar disto na aula, mentres tanto... Que pasedes un feliz feliz domingo!

Un saúdo.
Profe Marta.


Share:

3 comentarios:

As túas palabras son o valor do valioso.