Benvido a esta xanela. Estamos vivindo unha situación
extraordinaria, polo que é fundamental que se abran novas canles de
comunicación, que sirvan de ponte entre as familias e a escola. Nestes
momentos, máis que nunca, botamos en falta o contacto físico, as miradas, os
xestos de afecto; pero sempre hai algo que podemos facer para estreitar
distancias. Desde este recuncho, manteremos viva a ilusión de seguir
compartindo experiencias, actividades, recursos, consellos e todo o que nos
axude a aportar un pouco do que todos necesitamos. Un chisco de maxia.

0 comentarios:
Publicar un comentario
As túas palabras son o valor do valioso.