Unha das frases que máis repetimos na nosa aula é a seguite: "SOMOS UN EQUIPO, SE UN GAÑA, GAÑAMOS TODOS".
Agora máis que nunca debemos repetila como un mantra, porque na vida, non camiñamos sós, porque do esforzo común saen moitas recompensas, e porque xuntos podemos acadar todo o que nos propoñamos.
O primeiro lugar onde poñer en práctica esto, é o noso fogar. A familia.
Esta mensaxe é para todas as familias do meu alumnado.
Xuntos facedes un boísimo esquipo.
Noraboa.
Gústame moito ver curtametraxes, onde podemos recibir mensaxes claras e moi fermosas. Déixovos abaixo de todo, unha boa selección, para que as desfrutedes en familia.
Unha grande aperta.
0 comentarios:
Publicar un comentario
As túas palabras son o valor do valioso.